Quen Somos

O Berce Escola Infantil

O Berce Escola Infantil está especializada na Educación Infantil. Ofrece un servizo educativo regulado, dirixido a poboación infantil entre os 0 e 3 anos(1º ciclo). Para o 2º ciclo(3 a 6 anos) dispón de servizo diúrno complementario.
En O Berce Escola Infantil os seus fillos son o máis importante por iso poñemos a súa disposición un sólido proxecto educativo, cun enfoque bilingüe (galego-castelán), un profesorado altamente cualificado e con ampla experiencia, unhas instalacións seguras, un horario amplo e flexible e todo o noso cariño, nun entorno natural e tranquilo. No Berce intentamos facilitar a conciliación entre a vida familiar e laboral.

Tamén somos conscientes de que ai pais que necesitan que atendan os seus fillos durante unhas horas por diversas razóns, por elo, tratamos de cubrir estas necesidades participando na educación dos vosos nen@s e sendo conscientes de que necesitan relacionarse con outros nen@s da súa idade.

Isto supón dar un valor educativo durante a primeira etapa da vida d@ nen@. Deixando atrás o termino de “gardería” e dando paso á “Escola Infantil”, onde traballamos sobre un proxecto educativo.

En O Berce Escola Infantil os nen@s xogan, disfrutan, crean e descobren cousas novas, facendo que cada día sexa unha aventura que os axuda a medrar, e sempre en contacto coa natureza e os animais, nun entorno natural e tranquilo. As primeiras vivencias e aprendizaxes de cada nen@ marcarán a súa personalidade e as súas actitudes durante toda a súa vida.

Para nós é moi importante converternos nun apoio para ós nen@s e ós seus pais. Isto supón ofrecer ós pais confianza, tranquilidade e transparencia mendiante un trato familiar e próximo no día a día, ofrecendo consellos para a educación e o coidado dos vosos fill@s e toda a información que os pais desexen.

O noso persoal está altamente cualificado. O equipo docente integrado por mestres e técnicos especialistas en Educación Infantil ten a titulación axeitada e unha experiencia de máis de 12 anos, ademais dunha probada vocación.

Por elo, o noso persoal non escatima en esforzos para poder levar a cabo o seu cometido coa máxima eficacia; mantendo en todo momento un ambiente alegre, acolledor e de cariño para que todos os nen@s se sintan queridos e atendidos.

En O Berce a labor diaria faise dunha maneira individualizada para cada un dos nen@s, apoiándonos nunha relación de colaboración coas familias e no intercambio de información cós pais no día a día e mediante informes trimestrais e sempre que os pais ou ó equipo docente o considere oportuno.

Risus varius luctus auctor at!

Tristique habitant leo suscipit ad dapibus etiam praesent sociosqu, luctus non venenatis netus per aenean lacinia interdum, donec rutrum ut tincidunt donec ultrices tortor. Felis duis hac faucibus placerat torquent litora porttitor metus, sollicitudin ante porttitor habitasse cras sodales egestas himenaeos, est urna lobortis dui at semper curabitur. Diam pharetra praesent amet morbi eu, dapibus platea habitasse.

Póñase en contacto connosco